Kaf! en concerto

ven01out21:00Kaf! en concertoFestas do Cristo 202121:00 Concello do Porriño -

Detalles do Evento

Coincidindo coa finalización da produción do disco do grupo Kaf!, plantéxase o concerto presentación do seu novo disco ‘Cuando las palabras fallan…’, para o 1 de outubro, no que o público poderá gozar tanto en vivo, na praza de San Sebastián do Porriño, coma dende calquera lugar do mundo grazas ao streaming.

O grupo Kaf!, orixinario de O Porriño e Mos, estivo a traballar durante a primeira metade do ano 2021 na elaboración do seu disco con composicións propias en galega e castelán. Así mesmo, un dos temas deste traballo será a banda sonora da segunda parte de ‘Metamorfose’, obra do actor e director porriñés Alex Sobrino, proxecto que levarase a cabo baixo o nome da compañía de teatro Xerpo.

Concerto incluído na programación das Festas do Cristo 2021, organizadas polo Concello do Porriño.

Aforo limitado con reserva.

As persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org indicando no asunto ‘Concerto Kaf!’ e detallando o nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto para facer reserva dunha cadeira o día do evento.

Só se permite un máximo de 6 reservas por email.

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello do Porriño

Está pasando!