'La coartada', de Christy Hall en Vigo

ven17xuñ20:30'La coartada', de Christy Hall en VigoTempada de Abonos Afundación20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O venres 17 de xuño, o Teatro Afundación de Vigo acolle a representación da obra de teatro ‘La coartada’, de Christy Hall.

«Un thriller que fai cómplice ao espectador»

  • Autora: Christy Hall
  • Versión e dirección: Bernabé Rico
  • Reparto: María Castro, Miguel Hermoso y Gorka Otxoa
  • Produción: Juan Carlos Rubio y Txalo
  • Duración: 1 h 35 min
  • Idioma: Castelán
  • Idade recomendada: +14 anos

Ana é unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao seu mellor amigo para prepararse a testificar na que, sen dúbida, será a declaración máis importante da súa vida.

Dela dependerá non só a custodia da súa única filla, senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite, o enfrontamento descarnado cos seus demos revelará ata onde é quen de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio.

Prezo: desde 15,30 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!