'La Granja'

dom24out12:30'La Granja'Vigocultura | Dous pases: 12:30 e 18:00 h.12:30 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Teloncillo Teatro en coprodución co Teatro Calderón de Valladolid porá en escena o espectáculo para bebés ‘La Granja’, dentro da programación de Vigocultura.

Maruja, a granxeira, érguese ao cantar o galo, quita catro lagañas e lávase coma un gato. Con ela pasaremos un día na súa granxa, espertaremos a todos os animais, darémoslles o biberón a catro porquiños, curaremos á veciña de dona Loba grazas aos cinco lobiños, buscaremos quince ducias de ovos e coa vella ovella Miranda bailaremos un rock and roll.

Quiquiriquí!!!

  • Xénero: Teatro musical
  • Autoría e dirección: Ángel Sánchez e Ana IsabelGallego
  • Escenografía: Juan Carlos Pastor, Eva Brizuela e Isabel Robledo
  • Deseño de son e música: Ángel Sánchez
  • Deseño de iluminación: César Rodríguez e Fran Carretero
  • Vestiario: Eva Brizuela
  • Coreografía: Ana Isabel Gallego
  • Elenco artístico: Ángel Sánchez e Ana Isabel
  • Idioma: Español
  • Público: +6 meses
  • Duración: 35 minutos

Premio ao Mellor Espectáculo para a Primeira Infancia FETEN 2018

Finalista aos Premios MAX 2019

Dous pases, ás 12:30 e ás 18:00 horas.

Prezo: dende 5,00 € (adulto + bebé). Resto de acompañantes entrada libre en patio de butacas con visibilidade reducida.

Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!