'La hora de Pablo Ibarburu' en Vigo

ven02dec21:00'La hora de Pablo Ibarburu' en Vigoteatro afundación vigo21:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Pablo Ibarburu estréase en solitario co show ‘La hora de Pablo Ibarburu’, un show de Stand Up Comedy  no que non faltarán as súas infames imitacións, as súas divertidas anécdotas e a continua exploración das súas confusas emocións.

Despois de anos de aparicións en programas como ‘Yu no te pierdas nada’, ‘Locomundo’, ‘La resistencia’ ou ‘El Intermedio’; o cómico vasco preséntanos un perfil descoñecido ata o momento.

Neste espectáculo coñeceremos máis sobre a influencia que as palabrotas e a relixión tiveron na súa educación, a súa carreira antes de dedicarse á comedia e mesmo unha historia universitaria ilegal de contar que podería acabar con el entre reixas.

Duración: 70 min aproximadamente.

Espectáculo non recomendado a menores de 16 anos.

Entradas anticipadas á venda desde 15 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!