agosto, 2020

Proxecto "Labora 2020"itinerarios formativosDurante todo o ano (2020) Provincia de PontevedraEvento tipo:Formación

Detalles do Evento

“Labora 2020” é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo que pretende a posta en marcha de itinerarios integrados e personalizados para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas desempregadas, respondendo a necesidades locais nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego.

Os itinerarios levaranse a cabo durante os anos 2019, 2020 e 2021 en A Guarda, Barro, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Moaña, O Grove, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

O proxecto “Labora 2020” organizará 10 xornadas informativas de activación e intercambio de experiencias e boas prácticas  coa participación de empresas relevantes dos sectores con mais perspectivas de emprego; intervención de relatoras e relatores referentes no ámbito do coaching, intelixencia emocional e resiliencia, e coa colaboración de entidades de carácter social que están traballando no ámbito da  formación e do emprego.

A temática de cada unha das xornadas céntrase en aspectos claves no ámbito da formación e do emprego:

  • Motivación e apoio a persoas con difícil acceso ao mercado laboral
  • Fomento do emprendedurismo e a cultura empresarial
  • Innovación da formación para o emprego
  • Intercambio de experiencias e boas prácticas
  • Promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación de exclusión social

+info. en depo.gal/labora-2020

Hora

Durante todo o ano (2020)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!