'Laia, aprendiz de maga'

dom24out18:30'Laia, aprendiz de maga''Tornar ás táboas'18:30 Concello de Mondariz - Mondariz

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o Animar-T Teatro porá en escena no Auditorio Municipal de Mondariz o espectáculo ‘Laia, aprendiz de maga’.

Unha visión optimista da vida, que mostra que con esforzo e confianza nun mesmo pódese conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata as relacións entre netos e avós desde a visión da protagonista, Laia, unha nena de sete anos. Un espectáculo que mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación dos nenos.

Hora

(Domingo) 18:30

Localización

Concello de Mondariz

Está pasando!