'Las Cotton' en Pontevedra

dom20nov12:00'Las Cotton' en Pontevedradomingos do principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Anita Maravillas e Portal 71 porá en escena o espectáculo de monicreques ‘Las Cotton’, dentro do programa Domingos do Principal.

Deixando atrás os perigos do seu pobo natal a familia Cotton diríxese á cidade na procura de novas vidas e oportunidades. Entre os tellados e as luces da cidade, entre as teas, os fíos e as máquinas da fábrica, a nai e as súas dúas fillas vivirán novas aventuras e perigos descoñecidos. Pero esta vez non están soas e lanzaranse con forza ao desexo de ser felices.

  • Premio FETEN 2021 ao mellor espectáculo de títeres

Recomendado a partir de 5 anos.

Duración: 50 minutos.

Dous pases: matinal ás 12:00 horas e de tarde ás 18:30 horas.

O público interesado pode mercar anticipadamente en Ataquilla.com os abonos para todo o ciclo a un prezo de 19 euros + gastos ou entradas soltas para os espectáculos, a un prezo único de 4 euros + gastos.

De non esgotarse na venda anticipada, o despacho de billetes do Teatro Principal abrirá unha hora antes de cada pase.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!