'Libre como os paxaros' en Vigo

sáb25feb(feb 25)20:00dom26feb(feb 26)20:00'Libre como os paxaros' en VigoTeatro do Atlántico20:00 - 20:00 (26) Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 25 e domingo 26 de febreiro ás 20:00 horas a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Libre como os paxaros’ a cargo da compañía Teatro do Atlántico.

Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve.

Muller. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. Galega de pensamento libre. Chámase María Rosalía Rita de Castro.

  • Idade recomendada: +18 anos
  • Duración: 75 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

25 (Sábado) 20:00 - 26 (Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!