'Lixo'

dom14nov19:00'Lixo''Tornar ás táboas'19:00 Concello de Meis - Meis

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, o domingo 11 de novembro no Auditorio Municipal de Meis, a compañía O Baúl da Tía Tola porá en escena a obra ‘Lixo’.

‘Lixo’ está creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña… co que facer escenografías para o xogo a partir de obxectos que poderían ser simples desperdicios.

​Mergullarémonos nun mundo de plásticos, luces, sonoridade e movemento.

​As dúas protagonistas, unhas bailadeiras moi peculiares, vivirán unha aventura na que teñen que “crear cultura a partir da varredura”.

​Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Concello de Meis

Está pasando!