xuño, 2022

Detalles do Evento

Indy Tumbita e Linda Lamarr (Thee Tumbitas, Pedrito Diaño & Los Cadáveras…) “andan” metidos nunha nova lea. Agora trátase de corridos de aire country, tex mex que fan de banda sonora a historias reais ou posiblemente reais que ocorren ou poderían ocorrer tanto en Galicia como na nación mejicana.

Coa inestimable colaboración dos Zopilotes Txirriaos, a quen considero desde xa os reis de Navarra, gravaron os Duques de Monterrey no estudo Cor Hits (Villaba) estes catro temas que aquí se presentan grazas ao padriño do proxecto, Iñigo Cabezafuego, o primeiro en crer nesta nova vaina.

Para o directo, Linda e Indy, rodéanse de recoñecidos músicos da escena viguesa; Andrés Cunha á batería ( High Serras, Los Profesionales), Charlie Lajueiro ao baixo (Pedrito Diablo & Los Cadáveras), Paco Serén á guitarra rítmica (Los Piratas) e David Rodríguez á trompeta e acordeón (Pedrito Diaño & Os Cadáveras).

+info. en fabricadechocolateclub.com

Hora

(Venres) 21:30

Localización

La Fábrica de Chocolate Club

Rúa Rogelio Abalde, 22 - 36201 Vigo

Está pasando!