'Los Remedios'

ven15out20:00'Los Remedios'Vigocultura | La Compañía Exlímite20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

La Compañía Exlímite porá es escena a obra de teatro contemporáneo ‘Los Remedios’, dentro da programación de Vigocultura. Estrea en Galicia!

  • Autoría: Fernando Delgado Hierro
  • Dirección: Juan Ceacero
  • Escenografía e vestiario: Paola de Diego
  • Deseño de son, audiovisuais e axudante de dirección: Majo Moreno
  • Deseño de ilunicación: Juan Ripoll
  • Elenco artístico: Pablo Chaves e Fernando Delgado-Hierro
  • Idioma: Español
  • Público: Adulto
  • Duración: 110 minutos

Los Remedios é un barrio de Sevilla construído nos anos 50. Los Remedios é unha peza na que dous amigos da infancia xúntanse para tratar de entenderse a base de representarse; a eles mesmos, ás persoas que marcaron o seu desenvolvemento, ao contexto social que forxou a súa identidade.

Los Remedios é unha viaxe ao que queda no propio corpo: os xestos, os tons, as posturas. É unha autoficción autodestrutiva feita por dúas persoas desenraizadas que removen a terra na procura de algo ao que aferrarse. É unha xenealoxía teatral que indaga na necesidade da representación e na súa capacidade transformadora. É unha peza sobre a amizade como resposta fronte ao desconcerto.

Finalista aos Premios Max 2021 nas categorías de Mellor Espectáculo Revelación e Mellor Autoría Revelación.

Prezo: dende 10,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!