abril, 2021

20abr20:30'Luz obscura'Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Proxección de ‘Luz obscura’ (Susana de Sousa Dias, 2017, 77 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Lingua orixinal: portugués

A existencia da fotografía dunha nai co seu bebé no arquivo da PIDE sérvelle a Susana de Sousa Dias como punto de partida para narrar, coma xa fixera en filmes anteriores (48, Natureza morta), algunhas historias que están detrás dos mecanismos de represión política da ditadura portuguesa. A través da rede de memorias políticas e persoais dos fillos do militante comunista Octávio Pato (1925-1999), Luz Obscura reflexiona sobre o poder, a imaxe, o recordo e os efectos que tivo un sistema autoritario na intimidade dunha familia.


PROGRAMACIÓN ABRIL 2021

Cineclube Pontevedra retomará a programación o martes 13 de abril, logo da Semana Galega da Filosofía, cun mes que camiñará, da man do realizador brasileiro Sérgio Tréfaut e da realizadora portuguesa Susana de Sousa Dias, a través do cante alentexano, a memoria da represión política da ditadura salazarista e o arquivo fotográfico e fílmico que xerou a revolución do 25 de Abril.

Debido ao atraso do toque de queda anunciado pola Xunta, o Cineclube Pontevedra retoma o seu horario habitual ás 20:30 h dende o vindeiro martes, día 20.

A billeteira do Teatro manterase aberta unha hora antes, dende as 19:30 h, para que as entradas poidan recollerse de maneira espazada.


Cartel composto e impreso no obradoiro tipográfico de Alouette Machine, en Insuela, Cotobade

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!