Madeleine Peyroux en Pontevedra

sáb15out21:00Madeleine Peyroux en PontevedraCiclo Xacobeo Importa21:00 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Regresan os concertos do Ciclo Xacobeo Importa na súa 11ª edición con coidada oferta de concertos internacionais polas principais cidades galegas con motivo da celebración do Xacobeo 21·22.

Desde a súa 1ª edición no ano 2008, o Ciclo Xacobeo Importa naceu co obxectivo de achegar a Galicia recoñecidos artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos, nun formato especial, máis próximo ao público, que situase á nosa comunidade dentro do circuíto de xiras internacionais que chegan á península fóra da tempada estival.

MADELEINE PEYROUX

A artista americana non necesita presentacións, falamos dunha das mellores voces do jazz contemporáneo das últimas dúas décadas. Unha cantante e compositora  atemporal cun talento indiscutible, que chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra cunha xira moi especial, na que repasará ao completo o seu disco máis aclamado, o impresionante ‘Careless  Love’.

Entradas anticipadas á venda desde 12 euros en Ataquilla.com

Está pasando!