xuño, 2021

13xuñ18:00'Mai Mai'baobab teatro18:00 Multiusos da Xunqueira, RedondelaEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Baobab Teatro presenta a obra de teatro familiar “Mai Mai”, a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie.

Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental.

Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.

Prezo: 3,00 €.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Multiusos da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!