Maika Makovski

Maika Makovski

sáb04dec12:30Maika Makovskias matinés do principal12:30 Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O éxito do ciclo As Matinés do Principal, música ao vivo para todos os públicos e en horario matutino, regresa este outono de maneira excepcional ao Pazo da Cultura por mor nas obras no Teatro Principal, achegándonos nesta ocasión o directo de Maika Makovski, unha das artistas máis polifacéticas do panorama nacional.

Maika Makovski non é unha artista predicible. O seu talento musical, a multitude de influencias que atesoura, e a urxencia do seu espírito, en constante procura, fan dela un nome verdadeiramente único na música actual.

Desde o despegamento da súa carreira con apenas 20 anos, mantívose fiel ás súas raíces e á vez perseverou de maneira incansable na procura do seu carácter propio, como demostra o seu último traballo, ‘MKMK’, que viu a luz o pasado 28 de maio; un disco luminoso e ruidoso, de texturas, nado para sorprender e axitar ao oínte. Moitas cousas dixéronse xa acerca de Maika Makovski, e moitas máis se dirán. Máis vidas que un gato,  Maika é música, actriz, artista visual e compositora.

No seu haber ten xa oito discos de estudo, un en directo, bandas sonoras de teatro e cinema, xiras que lle levaron a tocar en media Europa, Estados Unidos e  Latinonamérica, e aínda con todo, aborda esta nova etapa coa seguridade e a alegre convicción de que todo iso non é máis que o principio.

O prezo das entradas para cada un dos concertos do ciclo oscila entre os 16 e os 18 euros, tendo descontos do 50% nas entradas do público menor de 14 anos, e existe a posibilidade de adquirir un abono para as dúas actuacións do ciclo a un prezo de 32 euros. Estarán dispoñibles a partir martes 14 de setembro a través de Ataquilla.com

Está pasando!