Margarida Mariño presenta 'Cello & Electronics'

ven27mai20:00Margarida Mariño presenta 'Cello & Electronics'Híbridas en Santa Clara: Desconecta20:00 Igrexa do Convento de Santa Clara - Pontevedra

Detalles do Evento

Violonchelo e voz mesturados con efectos e loops dan pé a unha proposta única en Galicia, novos camiños para as nosas músicas.


HÍBRIDAS EN SANTA CLARA

Híbridas en Santa Clara é unha proposta de varios ciclos arredor da música e das artes escénicas.

Estes ciclos mesturan intereses artísticos diferentes, fusionando disciplinas e dando lugar a unha programación que combina elementos creativos de diversas procedencias.

Levan por nome: Mesturas, Danza, Desconecta, Sons no Retablo, Pianos e Música sen Palabras. 

A mestura de conceptos, estilos, formatos e, sobre todo, o contraste entre o espazo e os contidos é o que caracteriza este proxecto que incorpora propostas galegas e do resto do estado.

En definitiva, creacións diversas nun espazo tan singular como é a igrexa do Convento de Santa Clara, no corazón de Pontevedra.

A entrada para todas as actividades será de balde até chegar ao límite do foro. É dicir, non será precisa ningunha reserva para ningunha das actuacións.

O programa completo pode ser descargado aquí e a través dos códigos QR que se atopan nos carteis de ‘Híbridas en Santa Clara’ que están por toda a cidade.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Igrexa do Convento de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36003 Pontevedra

Está pasando!