Rayden e García Mc & Nación Quilombo

sáb09out20:30Rayden e García Mc & Nación Quilombo'Marín é música'20:30 Parque Azul - Marín

Detalles do Evento

A península do Morrazo conta, desde este outono, cun novo evento cultural: a primeira edición de ‘Marín é música’ celebrarase o sábado 9 de outubro e contará co poeta e rapeiro madrileño Rayden como cabeza de cartel.

A iniciativa, impulsada por PlayPlan Cultural coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do programa Xacobeo 21-22, pretende dinamizar o territorio con actividade musical durante o outono a través dunha cita que se presenta como imprescindible na axenda desta tempada: será o único concerto que Rayden ofreza en Galicia neste 2021.

A actuación, que terá lugar no Parque Azul de Marín, será o escaparate de presentación do seu último e exitoso álbum de estudio, Homónimo. O cartel do evento, que se deu a coñecer esta mañá no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, péchase co directo de García Mc & Nación Quilombo, nunha noite vibrante que porá o foco na palabra.

Entradas á venda na web enterticket.es. As entradas para acceder ao concerto, que será de pé, teñen un custo de 15,00 euros (máis gastos de xestión).

García MC & Nación Quilombo

Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios ke te Crew, onde participou activamente ata o 2016 e agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro.

Rayden

As etiquetas non van con Rayden. Así, este artista multidisciplinar destacou ao longo da súa carreira musical pola habilidade de fusionar xéneros musicais, a súa orixinalidade, e o toque lírico das súas letras, sempre definida polo seu xénero de orixe: o rap. A súa discografía en solitario consta de 6 traballos, sendo os últimos tres unha triloxía sobre a palabra: Antónimo, Sinónimo e Homónimo, que presentará en Marín.

Horarios e desenvolvemento

A apertura de portas no recinto situado no Parque Azul, un espazo emblemático de Marín, será ás 19.30 horas e, unha hora máis tarde, os versos de García Mc -antigo membro de Dios ke te Crew- e a fusión cos ritmos do mundo de Nación Quilombo ofrecerán un espectáculo trepidante e innovador no marco do rap en galego. García Mc dará paso outro creador áxil e audaz, como é Rayden.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Parque Azul

36915 Marín

Está pasando!