Martin Sánchez | © Juan Fajardo

Martin Sánchez & La Resistencia en Vigo

sáb18xuñ21:00Martin Sánchez & La Resistencia en Vigosala máster club21:00 Sala Máster - Vigo

Detalles do Evento

Martin Sánchez regresa aos escenarios, despois de case tres anos de parón, involuntario, nunha xira que promete ser histórica, polo novo do seu formato, e polo contido do mesmo.

Martin contará en todas as súas actuacións cunha serie de invitados insignes do mundo da comunicación alternativa, que lanzarán unha mensaxe de forza ao público nos seus respectivos relatorios antes de cada concerto.

O tour ‘Pura sangre’, comezará en Madrid o próximo sábado 14 de maio, e continuará en Barcelona (Terrasa) o sábado 21 de maio, Vigo o 18 de xuño e o 25 de xuñoe en Bilbao, á espera de novas confirmacións de datas noutras cidades.

Despois de recrutar á súa nova banda, ‘Martin Sánchez & La Resistencia’ expoñen un espectáculo irreverente, cunha mensaxe moi clara de desobediencia e posicionamento firme ante a tiranía e os abusos institucionais.

Entradas anticipadas á venda a 16 euros e ticketfever.es a 20 euros na billeteira.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Sala Máster

Rúa de Urzaiz, 1, 36201 Vigo

Está pasando!