This is a repeating event

'Merenda con pan de millo' en Vigo

dom30abr20:00dom23:50'Merenda con pan de millo' en VigoMigallas Teatro20:00 - 23:50 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

‘Merenda con pan de millo’ é un espectáculo de Migallas Teatro de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco ‘Pan de millo’, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

Os temas musicais que se interpretan son: ‘Pinocho’, ‘Pan de millo’, ‘O piollo e a pulga’, ‘Unha vella tiña un can’, ‘Que cousa, cousiña é?’ e ‘Miña Abuela Manuela’. A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

  • Datas: sábado 29 e domingo 30 de abril ás 20:00 horas
  • Idade recomendada: +3 anos
  • Duración: 60 minutos

Entradas anticipadas a 8 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 10 euros na billeteira.


Hora

(Domingo) 20:00 - 23:50

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!