Meridional Producciones presenta 'Turistas'

ven04feb20:00Meridional Producciones presenta 'Turistas'Vigocultura20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación municipal de artes escénicas Vigocultura, a compañía Meridional Producciones presenta por primeira vez en Galicia obra de teatro ‘Turistas’.

Braulio e Mari Carmen son unha parella normal. Moi normal. Ela traballa de cociñeira no comedor dunha escola e el agarda un postergado ascenso na empresa na que traballou toda a súa vida.

Adoitan pasar os seus 14 días de vacacións nunha vella caravana, no mesmo cámping, ano tras ano. Alí crearon unha agradable rutina coa súa veciñanza de acampada e aproveitan para festexar o seu aniversario de voda por todo o alto. Pero este ano é distinto, para congraciarse co seu xefe e emular o seu eterno contrincante de ascenso, Braulio decidiu pasar as vacacións nunha praia case deserta.

  • Autoría: Marina Seresesky
  • Dirección: Álvaro Lavín
  • Escenografía: Vanesa Hernández Trigueros (DiiVANT)
  • Deseño de son e música: Alberto Granados
  • Deseño de iluminación: Luis Perdiguero (A.A.I. – DiiVANT)
  • Vestiario: Guadalupe Valero
  • Elenco artístico: Pepa Zaragoza e Chani Martín
  • Idioma: castelán
  • Idade recomendada: público adulto
  • Duración: 65 minutos

Entradas desde 12,00 euros á venda en giglon.com

Abonos* (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):

Abono á carta 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.

Abono á carta 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!