'Bella y el circo mágico' na Guarda

xov21xul22:30'Bella y el circo mágico' na GuardaCinema de rúa na Guarda22:30 Praza do Reló - A Guarda

Detalles do Evento

O xoves día 21 de xullo regresa o cinema de rúa coa proxección da película de animación infantil ‘Bella y el circo mágico’ (Atle Solberg Blakseth, Frank Mosvold, Noruega, 2020), ás 22:30 horas na Praza do Reló.

Bela está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry. Está moi emocionada e espera ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia. Pero o mesmo día do circo, un mozo molón, se muda á veciñanza. Ten unha idea espléndida para o espectáculo: quere facer un truco en bicicleta.

Henry está asombrado polo mozo novo, mentres que ela sente que está a perder ao seu mellor amigo. Non pode soportalo máis e obriga a Henry a elixir entre o novo mozo ou ela. Henry non quere magoar a ninguén, sae correndo e desaparece. É cando ela ten que ir buscar ao seu inimigo, para que lle axude a atopar a Henry. Ten que salvar o circo, pero sobre todo a súa amizade.

A asistencia aos eventos de ‘Miúdo Verán’ é de balde ate completar o aforo dispoñible en cada caso, a alternativa no posible caso de choiva comunicarase nos días previos a cada evento.


Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza do Reló

Praza do Reló 3678 A Guarda

Está pasando!