This is a repeating event

'Mosca', obra de teatro en Vigo

dom16abr20:00dom23:50'Mosca', obra de teatro en Vigounha produción de Ártika Cía20:00 - 23:50 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 15 e domingo 16 de abril ás 20:00 horas a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘Mosca’ a cargo de Ártika Cía.

‘Mosca’ é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo.

A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pero vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.

Augurante e intensa, ‘Mosca’, somérxese na vida dun neno e que é o que sente sufrindo bullyng, pero tamén no tempo, nos prexuízos e no non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que se desenvolve Pedro. O acoso escolar é un dos problemas graves da nosa sociedade actualmente. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno dos nenos a través da súa familia e da escola.

A impotencia de non saber o que facer e a falta de información ao non detectar o problema a tempo, a ausencia , o amor, a compaixón e o acoso.

  • Idade recomendada: +12 anos
  • Duración: 60 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

(Domingo) 20:00 - 23:50

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!