© Museo de Pontevedra

outubro, 2021

Detalles do Evento

O Museo de Pontevedra organiza visitas guiadas á exposición ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’.

Os xoves ás 18:00 horas e os sábados ás 12:00 horas no Edificio Castelao.

Se queres asistir escribe a educacion.museo@depo.es


‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’

O rico e diverso universo feminino, representado tanto nas súas formas máis tradicionais como nos novos territorios que a muller comeza paulatinamente a conquistar, ten un protagonismo especial nas obras de arte creadas nos anos que preceden e seguen ao cambio do século XIX ao XX, como se pode apreciar do 5 de agosto ao 17 de outubro na exposición ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ que acolle o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A mostra, comisariada por Helena Alonso, está formada por unha selección de creacións de Renoir, Sorolla, Casas, Rusiñol, Nonell, Antonio Utrillo, Joan Cardona, Anglada Camarasa, Torres García, Benjamín Palencia, Marti i Alsina, Joaquin Vayreda, Dionís Baixeiras, entre outros artistas, pertencentes a unha das coleccións privadas máis relevantes de España, a colección Fundación Fran Daurel, constituída ao longo de décadas por D. Francisco Daurella, coa firme vontade de que sexan mostradas a un público maioritario.

Visitable de martes a sábado de 10:00 a 21:00 horas. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Entrada gratuíta.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!