IV Encontro Profesional de Música de Galiza e Portugal | © MUMI

"MUMI. Músicas no Minho" na Eurocidade Tui-Valença

xov12setConsultardom15set"MUMI. Músicas no Minho" na Eurocidade Tui-ValençaV Encontro Profesional de Música de Galiza e Portugal(Consultar) Eurocidade Tui-Valença -

Detalles do Evento

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas.

A feira reúne artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Despois dun duro proceso de selección motivado polo éxito de convocatoria que se pechou cun total de 242 propostas artísticas candidatadas para os showcases, a feira das industrias musicais galega e portuguesa anuncia a selección de bandas e artistas que van configurar o programa profesional da feira entre o 12 e o 15 de setembro. Seis nomes de Galiza e cinco de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.


IV Encontro Profesional de Música de Galiza e Portugal | © MUMI

Nesta quinta edición do MUMI, Galicia presentará os directos de Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; mentres Portugal achegará as propostas de Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma.

Desde a equipa organizativa destacan que a diversidade continúa a ser a palabra clave na música ao vivo que vai ofrecer o MUMI 2024, cun mosaico de bandas e artistas que responden á riqueza das escenas galega e portuguesa. Das novas abordaxes da música tradicional á electrónica, pasando polas vangardas contemporáneas, as músicas urbanas ou a canción de autoría, os showcases programados recollen a efervescencia musical que bule a ambas beiras do Miño cunha presencia moi destacada das músicas que experimentan a partir da raíz, e que felizmente non deixan agromar.



Un total de once propostas de bandas e artistas entre as que se atopan tanto emerxentes como traxectorias consolidadas, que xa están funcionando moi ben nos seus respectivos territorios e queren abrirse a outros mercados, o que desde a equipa organizadora do MUMI valoran como “un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI”.

O programa da V edición do ‘MUMI. Músicas no Minho’ pódese consultar en mumimusicas.eu

Hora

setembro 12 (Xoves) - 15 (Domingo)

Localización

Eurocidade Tui-Valença

Está pasando!