Nada Surf

dom26set20:00dom23:50Nada SurfFestival Terraceo20:00 - 23:50 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Ao longo da súa carreira Nada Surf non fixo máis que crecer a nivel creativo e de recursos, notándose na calidade cada lanzamento e na evolución de Matthew Caws como compositor e como persoa.

En 2018 celebraron o 14 aniversario do seu mítico álbum “Let Go” (Barsuk Records) colgando o cartel de “non hai entradas” en moitos dos seus concertos (incluídas as dúas noites no Teatro Barceló de Madrid). Ademais, Nada Surf acaba de celebrar o aniversario do seu disco NORTH 6 TH STREET, unha colección de demos temperás coa formación orixinal da banda.

Para celebrar os seus 20 anos, a banda subiuno ás plataformas de streaming por primeira vez na historia. Nestes momentos, Nada Surf traballa en preparar a continuación do seu aclamado disco de estudo de 2018 “YOU KNOW WHO YOU ARE” e do seu disco en directo “PEACEFUL GHOSTS” (gravado coa orquestra simfónica de Viena e a renovada Deutsches Filmorchester Babelsberg).

En 2020 editaron un novo álbum “ Never Not Together” pero que poucas veces puideron presentar en directo debido á pandemia actual e que por fin chega a Galicia nunha data realmente exclusiva e diferencial.

Entradas anticipadas dende 23,00 € en teuticket.com

Hora

(Domingo) 20:00 - 23:50

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!