‘Nevermore’ | © Chévere

xuño, 2023

Detalles do Evento

Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe do Prestige.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.

Primeira actividade paralela da exposición SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA e PROTESTA na Galiza do Prestige.

Baixo a dirección de Xron, a obra conta con Miguel de Lira, Manuel Cortés ou Patricia de Lorenzo, entre outros, entre o seu elenco.

Entradas anticipadas desde 8 euros á venda en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Pazo da Cultura de PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!