xullo, 2021

19xul(xul 19)22:0023xul(xul 23)20:00‘Noitadas de Jazz’o son da rúa22:00 - 20:00 (23) Praza da Ferraría, PontevedraEvento tipo:Ademais

Detalles do Evento

Seguindo o Axenda de Verán 21, o programa ‘O Son da Rúa’ continúa a ofrecer unha programación diaria de actividas lúdicas para a veciñanza de Pontevedra e os seus visitantes.

O luns 19 de xullo dará comezo o ciclo ‘Noitadas de Jazz’, cita de carácter musical, co jazz ao vivo como protagonista.

Deste xeito, a praza da Ferraría acollerá un total de cinco concertos diferentes ao longo de cinco días, todos programadas para as 22:00 horas.

Abrirá o ciclo a cantante e compositora galega Terela Grandín cun repertorio que rescata o mellor de Dori Caymmi. Caymmi, compositor de orixe brasileira, viu xa interpretados os seus temas por artistas como Sarah Vaughan ou Dianne Reeves. Cunha enorme calidad melódica e harmónica, a música do brasileiro posúe un intimismo e unha emoción propia dos máis grandes artistas do seu país, agora revisadas e transmitidas por unha das mellores voces do país.

Doutra banda, Xan Campos Trío aterrará na cidade durante a segunda noitada cun repertorio que toma como base o seu disco Realismo, publicado en marzo do 2020, onde o pianista de Cangas volve demostrar o colosal talento que posúe sobre as teclas, como líder da agrupación e como unha das mentes máis frescas do jazz galego.

O mércores 21 de xullo, Chemin Jazz Quartet aparecerán baixo os focos; seguidos de Current Location o xoves 22 e de Circus o venres 23.

Mantendo viva o lume de conseguir levar o jazz tamén polas rúas da cidade, a cada recuncho da mesma, haberá dous pasarrúas diarios durante o ciclo, ás 12:00 e ás 20:00 horas, da man da Street Band Chivinjazz.


Hora

19 (Luns) 22:00 - 23 (Venres) 20:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!