Rocío Pérez, Leonardo Navarro e Olga Kobenika

xuño, 2022

Detalles do Evento

A soprano Rocío Pérez, o tenor Leonardo Navarro e a pianista Olga Kobenika pecharán a Tempada 2021/22 da Sociedad Filarmónica de Vilagarcía, coa gala lírica ‘Noite de ópera e zarzuela’ no Auditorio Municipal.

Os socios da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía dispoñen de entrada gratuíta a todos os concertos da tempada, tanto para eles como para un acompañante, dúas entradas por socio. Para facilitar o acceso e comodidade na súa asistencia, tanto os socios como os seus acompañantes accederán coa presentación do carné de socio en vigor, sen necesidade de retirada de entrada previa. ​

Para o público en xeral, a Sociedade Filarmónica de Vilagarcía pon á súa disposición entradas ao prezo de 18 euros que se poderán adquirir nos despachos de billetes do Auditorio Municipal de Vilagarcía os dias das actuacións, unha hora antes do comezo das mesmas. Se desexa reservar as súas entradas poden facelo escribindo un mail a contacto@sfvilagarcia.com ​

Dadas as especiais condicións derivadas da actual situación sanitaria, tanto as entradas dos socios como do público en xeral, serán numeradas. Así mesmo leémbrase que deberán asistir ao concerto con marcarilla e respectando en todo momento as distancias e protocolos da sala.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!