'Noites abertas'

ven11marConsultarsáb14mai'Noites abertas'máis de 80 actividades de ocio para a mocidade(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O programa Noites Abertas realizará máis de 180 sesións grazas ao traballo de 115 monitoras, co obxectivo de crear novos espazos de aprendizaxe, ocio, diversión e socialización.

A edición deste ano mestura actividades clásicas como a Cestaría ou a Risoterapia, xunto con novas propostas como ‘O Xogo da Lura’ ou a creación dun novo espazo de reunión na Casa Azul chamado A’ Lámpada Marabillosa’, proposto por alumnado da cidade.

Pontevedra volve mergullarse nas Noites Abertas, o icónico programa creado pola área de Xuventude, que foi quen de sementar éxitos e eloxios ao longo de máis de dúas décadas, tan só interrompindo a súa actividade coa pandemia mundial provocada pola Covid-19.

Todas as actividades son de balde e están destinadas a persoas de entre 12 e 30 anos (con algunha excepción neste apartado da idade en concreto, mais estará indicado no programa) e non require inscrición previa, agás as observacións astronómicas..

As propostas proveñen de diferentes sectores da poboación: autónomos e empresas, asociacións e clubes e tamén propostas individuais ou colectivos non formais. 

Hora

Marzo 11 (Venres) - Maio 14 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!