'Lo nunca visto' de Berto Romero en Vigo

ven15setConsultardom17set'Lo nunca visto' de Berto Romero en Vigoun show de humor totalmente novo(Consultar) Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Tras 5 tempadas esgotando entradas co seu espectáculo ‘Mucha Tontería’, Berto Romero regresa en 2023 cun show de humor totalmente novo no que non faltarán as risas.

Berto volve máis sincero que nunca. ‘Lo nunca visto’ é, como o seu nome indica, un show completamente inédito na súa carreira. E iso que xa é maior e ocórrenselle menos cousas.

E, contra todo prognóstico, presenta 90 minutos de maxia, música, efectos especiais, sorpresas e moita risa. En realidade, do que hai máis é disto último, pero puxémolo ao final da lista porque iso xa se vía vir.

E para acabar, outra frase bastante flipante:

O nunca visto: hai que velo.

Nai miña, que enxeñoso todo.

Datas:

  • Venres 15 setembro ás 20.30h.
  • Sábado 16 setembro ás 18.30h.
  • Domingo 17 setembro ás 19.00h.

Duración:

  • 90 minutos

Idade recomendada: 

  • Non recomendado a menores de 16 anos

Entradas:

Hora

setembro 15 (Venres) - 17 (Domingo)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!