Novos Cinemas

mar14decConsultardom19decNovos CinemasFestival Internacional de Cinema de Pontevedra(Consultar) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas celebrará a súas sexta edición entre o 14 e o 19 de decembro en Pontevedra.

As nove propostas –oito delas inéditas en Galicia– que compoñen a Sección Oficial desta edición intentan debuxar un dos posibles itinerarios do cine contemporáneo: o que aspira a reflexar parte do espíritu do noso tempo. Nelas atoparemos belas cosmovisións que reflexionan sobre a eterna relación entre natureza e home, atinadas e sensibles relecturas do cinema de xénero autoral dos anos sesenta y setenta, retratos do carrusel emocional que experimenta a mocidade dun milenio marcado pola inestabilidade emocional ou reinterpretacións de lendas e mitos que atopan desprazamento físico a súa coartada perfecta. Son:

    • ELES TRANSPORTAN A MORTE, de Helena Girón e Samuel Delgado | GALICIA
    • ROCK BOTTOM RISER, de Fern Silva | USA
    • BERG, de Joke Olthaar | HOLANDA | ESTREA EN ESPAÑA
    • THE TALE OF KING OF CRAB, de Matteo Zoppis, Alessio Rigo de Righi | ITALIA, ARGENTINA, FRANCIA
    • ABSOLUTE DENIAL, de Bryan Braun | UK
    • ACTUAL PEOPLE, de Kit Zahuar | USA | ESTREA EN ESPAÑA
    • PICCOLO CORPO, de Laura Samani | ITALIA
    • RENDIR LOS MACHOS, de David Pantaleón | ESPAÑA
    • CLARA SOLA, de Nathalie Álvarez Mesén | COSTA RICA

A sección Latexos, pola súa banda, presenta propostas de carácter autobiográfico que transitan a vía da lembranza, o exorcismo ou a investigación no seo familiar co fin de entender certas disfuncionalidades e traumas. O público atoparase tamén unha singular comedia de luminosas, pícaras e inconmensurables protagonistas abocadas a sobrevivir ao fío dos seus límites físicos e emocionales. Será nas películas:

    • LA LUNA REPRESENTA MI CORAZÓN, de Juan Martín Hsu | ARGENTINA | ESTREA EN ESPAÑA
    • EL PLANETA, de Amalia Ulman | ESPAÑA
    • 918 GAU, Arantza Santesteban | ESPAÑA
    • NO EXISTEN TREINTA Y SEIS MANERAS DE MOSTRAR CÓMO UN HOMBRE SE SUBE A UN CABALLO, de Nicolás Zukerfeld | ARGENTINA

VENDA DE ABONOS E ENTRADAS

Venda anticipada en liña de entradas (3€) e abonos (18€) en Ataquilla.com. Durante a celebración do festival, as entradas e abonos poderán comprarse tamén na taquilla do Teatro Principal de Pontevedra desde unha hora antes do inicio de cada sesión. O mesmo sucederá para as sesións gratuítas.

O festival Novos Cinemas, organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producións, está financiado polo Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través de Agadic, a Deputación de Pontevedra, a Universidade de Vigo e o ICAA.

Hora

decembro 14 (Martes) - 19 (Domingo)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!