© Museo de Pontevedra

xullo, 2021

08xulTodo o día19set'Novos Valores 2021. Obra seleccionada'MUSEO DE PONTEVEDRA(Todo o día) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra, PontevedraEvento tipo:Exposicións

Detalles do Evento

Rebeca Lar, coa peza ‘Sen Título (Sobre paseos e arrepentimentos)’; Adrián Solleiro con ‘Reflexión’, Diego del Río con ‘Ras Al Hanout II’ e Daniel Cerecedo con ‘Picasso y Richter (después de)’, resultaron as persoas merecedoras das bolsas do certame Novos Valores na súa edición de 2021.

A calidade e a carga conceptual das tres creacións pictóricas e a escultórica fixeron que foran elixidas por unanimidade polo xurado, que estivo integrado por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra; María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Itziar Ezquieta Lamas, artista plástica e profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra; Carmen Hermo Sánchez, artista e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Pilar Corredoira, historiadora de Arte Contemporánea e comisaria de exposicións; e Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro.

As catro obras formarán parte da exposición ‘Novos Valores 2021. Obra seleccionada’ que poderá visitarse ata o 12 de setembro no Edificio Sarmiento, xunto a outras dez pezas escollidas como as mellores das 29 presentadas.

 

Hora

Xullo 8 (Xoves) - Setembro 19 (Domingo)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!