'O furancho' en Arcade

sáb28mai21:00sáb22:00'O furancho' en ArcadeMarián Bañobre e Isabel Risco21:00 - 22:00 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: ‘O furancho’. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

Hora

(Sábado) 21:00 - 22:00

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!