'O furancho'

dom07nov19:00'O furancho''Tornar ás táboas'19:00 Concello de Cambados - Cambados

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, Ibuprofeno Teatro porá en escena no Auditorio da Xuventude de Cambados a obra ‘O furancho’.

Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco preséntannos a súa última creación: ‘O furancho’. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitivinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Concello de Cambados

Está pasando!