'O lugar onde habitan todos os contos' en Pontevedra

sáb03dec11:00sáb23:50'O lugar onde habitan todos os contos' en Pontevedranelson quinteiro11:00 - 23:50 Viveros O Piñeiro - Pontevedra

Detalles do Evento

Ven coñecer a todas as personaxes que viven en ‘O lugar onde habitan todos os contos’. Nun decorado con moitísimo encanto atoparedes un mundo do revés, co seu poboado de Nadal e as casiñas de moitos personaxes que viven nos contos: A Bela Durminte, A Ratiña Presumida, O Gato con Botas, O Fada Madriña, O Ratiño Pérez, Os sete cabritiños ou o Flautista de Hamelín.

Agárdavos un espectáculo de microteatro e contacontos creado para esta escenografía, con visitas en pequenos grupos de 20 persoas, nun itinerario narrativo moi divertido e participativo, de aproximadamente 30 minutos con guión de Nelson Quinteiro.

As visitas terán lugar os venres pola tarde e sábados de mañá e tarde, en tres pases por quenda nos seguintes horarios:

  • Venres pola tarde: 17:00, 18:00 e 19:00 horas
  • Sábado pola mañá: 11:00, 12:00 e 13:00 horas
  • Sábado pola tarde: 17:00, 18:00 e 19:00 horas

O prezo de entrada para esta actividade será 5€ por persoa. Prezo especial para grupos a partir de 4 persoas de 3€/entrada. O desconto aplícase automaticamente no carriño da compra. Nenos de menos de 2 anos gratis (non necesitan reservar entrada).

Reserva a túa praza


Visitas escolares

Tamén haberá posibilidade de visitas escolares de luns a xoves en horario de mañá ou tarde e venres en horario de mañá.

Prezo especial para grupos a partir de 4 persoas de 3€/entrada. O desconto aplícase automaticamente no carriño da compra.

Visitas todos os días de luns a venres. Só para visitas escolares.

Hora

(Sábado) 11:00 - 23:50

Localización

Viveros O Piñeiro

Carr. Vilagarcía, Km 6, 36157 Pontevedra

Está pasando!