O Mago Teto presenta 'Rock&Magic' na Guarda

xov10ago20:30xov23:50O Mago Teto presenta 'Rock&Magic' na GuardaCon música en directo de Mister Cool e Fer Risco20:30 - 23:50 Auditorio de San Benito - A Guarda

Detalles do Evento

O xoves día 10 de agosto chega á Guarda unha das citas máis agardadas deste verán, ‘Rock&Magic’, o novo show do Mago Teto, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de San Benito.

Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñanzas e pequenas e grandes ilusións máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan, Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.

Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de ‘Rock&Magic’ un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

Hora

(Xoves) 20:30 - 23:50

Localización

Auditorio de San Benito

36780 A Guarda

Está pasando!