mel

'O mel non caduca' en Vigo

sáb22abr(abr 22)20:00dom23abr(abr 23)20:00'O mel non caduca' en Vigoibuprofeno teatro20:00 - 20:00 (23) Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 22 e domingo 23 de abril ás 20:00 horas a Sala Ártika acolle o espectáculo ‘O mel non caduca’ a cargo de Ibuprofeno Teatro.

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.

  • Idade recomendada: +12 anos
  • Duración: 80 minutos

Entradas anticipadas a 10 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 14 euros na billeteira.


Hora

22 (Sábado) 20:00 - 23 (Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!