'O mundo máxico de Pinocho' en Cangas

sáb29xan18:00'O mundo máxico de Pinocho' en CangasEduca Teatro Producións18:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

En ‘O mundo máxico de Pinocho’, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi.

Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

A proposta, de 60 minutos de duración máis fotografías ao remate da función cos protagonistas, mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos.

Un completo espectáculo no que a participación do público será constante, e que está especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.

Tralos éxitos acadados cos musicais de ‘Os tres porquiños’ e ‘Carapuchiña Vermella’, EducaTeatro Producións® volve percorrer Galicia renovando os clásicos da literatura infantil, desta volta, con ‘O mundo máxico de Pinocho’.

  • Duración: 60 minutos + fotografías cos protagonistas ao remate da función
  • Idade recomendada: A partir de 2 anos
  • Idioma: Galego
  • Prezo: desde 10,00 euros. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com. Nenos menores de 24 meses non pagan non ocupan asento.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!