'O Ogrocho'

sáb13nov21:00'O Ogrocho''Tornar ás táboas'21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’ da Deputación de Pontevedra, Teatro de Ningures porá en escena a obra ‘O Ogrocho’.

‘O Ogrocho’ representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada. O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis. Para elo ten que superar tres probas…

Este relato negro e tenro inspírase nos contos tradicionais e está escrito coa finura e intelixencia da gran autora para público infantil, Suzanne Lebeau.

‘O Ogrocho’ aborda moitos e variados conceptos: a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, o lúdico da vida, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade e o engano. Ao expoñer as polaridades de dous personaxes fai que non os situemos como bos ou malos, senón como a seres complexos e cheos de emocións, de maneira que pode así mostrarse unha boa síntese da vida.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!