'O Premio' de La Quintana Teatro en Redondela

sáb09abr20:00'O Premio' de La Quintana Teatro en Redondelaciclo 'vive o teatro'20:00 Auditorio da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

Queres ser lle gañador de ‘O Premio’? Queres dar a túa vida por un soño? Nesta obra ti pos o prezo. Nesta comedia cóntase a situación que viviremos nun futuro próximo, momento no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fosen tal que se viron obrigadas a caer en ‘O Premio’ como única fórmula de alcanzar a felicidade.

‘O Premio’ é un reality en directo onde o público vota quen merece levar o premio da súa vida: ‘Morrer logrando a fama. Todo por un soño’.

O argumento desta obra parte de que nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións mergulle ao país na ‘crise ao cubo’ aos dirixentes do estado ocórreselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida.

Como outros espectáculos da Quintana Teatro esta obra parte da investigación a pé de rúa. Nesta obra explorarase á muller cosmolopolita, á muller tradicional, ao home perdido e o prezo da felicidade. Con tan só tres actores sobre o escenario o que conseguiremos é crear a convención ao espectador de que viaxou 30 anos no tempo, ata 2050.

O prezo da entrada é de 3 euros.


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!