'O xardín de Vila Gris'

dom03out12:30'O xardín de Vila Gris'Vigocultura | Dous pases: 12:30 e 18:00 h.12:30 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Manuel Pombal (de Fulano, Mengano e Citano) presenta o ‘O xardín de Vila Gris’, dentro da programación de Vigocultura. Estrea mundial!

  • Autoría: Manuel Pombal e Belén Canabal
  • Dirección e música: Manuel Pombal
  • Escenografía: Begoña Pérez-Herrera Moreno
  • Deseño e son: Rafael Prieto
  • Elenco artístico: Manuel PombalEs
  • Idioma: Galego
  • Público: familiar +3 anos
  • Duración: 50 minutos

Martín vive nun dos últimos recunchos verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza, e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida.

Pero non todo é tan sinxelo nin tan doado: En Vilagris, unha cidade ateigada de edificios, onde a xente corre sen parar e sen pensar, unha seria ameaza voa sobre el: Don Nefasto Funesto, un cobizoso construtor de monstruosos edificios, quen adora o diñeiro máis ca nada no mundo, pretende apropiarse dese recanto, arrancar todas as arbores, e construír nel unha torre de cemento tan alta que non deixe ver a luz do sol.

Martín de ningunha maneira está disposto a perder o seu pequeno paraíso. E don Nefasto de ningunha maneira está disposto a perder todo ese diñeiro. Martín non cede pero don Nefasto tampouco.

No entanto, mentres as historias acontecen, o derradeiro lugar verde de Vilagris corre un grave perigo.

Dous pases, ás 12:30 e ás 18:00 horas.

Prezo: dende 5,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado,
de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!