Obradoiro de Kamishibai

ven01out18:00ven19:30Obradoiro de KamishibaiA cargo de Juste Kamishibai18:00 - 19:30 Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra

Detalles do Evento

Kamishibal, en xaponés, quere dicir ‘teatro de papel’. O kamishibai, con todo, é moito máis que iso: todo un universo repleto de historias sinxelas pero ricas en sentimentos e ensinos.

Os obradoiros de kamishibai están apoiados por revisións persoais sobre o teatro francés e español, configurando un mundo máxico no ollo do espectador.

Tamén se ensina nos obradoiros a construción, ilustración e pintura para narrar con teatro e papel para achegarse a o marabilloso mundo do Teatro de papel.

Así mesmo, o obradoiro proporcionará ferramentas innovadoras de ilustración e expresión creativa para narrar, comprender e fomentar a lectura. Ao mesmo tempo convida a aproveitar os recursos persoais, naturais e materiais.

Para nenos e nenas de 6 a 11 anos, de 18.00 a 19.30 horas, no espazo de acticidades da planta baixa da Biblioteca.

Ao final do obradoiro os alumnos realizarán as representacións das súas Kamishibai.

Con inscrición previa a partir do 22 de setembro ás 11.00 horas, a través do formulario da páxina web da biblioteca.

Hora

(Venres) 18:00 - 19:30

Localización

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Rúa Alfonso XIII, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!