Obradoiro de papiroflexia

sáb11dec11:30sáb13:00Obradoiro de papiroflexia‘Origami, de papel a obra de arte’11:30 - 13:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Para completar a exposición ‘Origami, de papel a obra de arte’, o Museo de Pontevedra vai organizar obradoiros de papiroflexia para público de 5 a 90 anos -sendo preciso que a cativada menor de sete anos veña acompañada dunha persoa adulta-.

Os días nos que haberá obradoiro serán os sábados 6 e 20 de novembro, e o 11 de decembro, mentres que no Nadal haberá sesións os días 28, 29 e 30 de decembro.

Haberá un máximo de 20 participantes por sesión e o horario será de 11.30 a 13.00 horas.

É precisa inscrición previa en reservas.museo@depo.gal.


Hora

(Sábado) 11:30 - 13:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!