Obradoiros 'quérome, cóidome' na Guarda

mar07feb(feb 7)00:00mar18abr(abr 18)23:59Obradoiros 'quérome, cóidome' na GuardaCentro de Información á Muller da Guarda(febreiro 7) 00:00 - (abril 18) 23:59 Concello da Guarda - A Guarda

Detalles do Evento

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller, vén de lanzar a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres ‘quérome, cóidome’.

Os obradoiros desta segunda edición están pensados para aprender a querernos e coidarnos, sentirnos mellor, traballar e aumentar a nosa autoestima e compartir experiencias.

Os obradoiros, destinados a mulleres maiores de 55 anos, realizaranse todos os martes entre o 7 de febreiro e o 18 de abril en dúas parroquias da vila guardesa, na Gándara en horario de 16:00 a 17:30 horas e en Camposancos en horario de 18:00 a 19:30 horas.

Máis información e inscricións no CIM da Guarda, no teléfono 986 61 46 48 ou en muller@aguarda.es

Hora

Febreiro 7 (Martes) 00:00 - Abril 18 (Martes) 23:59

Localización

Concello da Guarda

Está pasando!