'Olivia y las plumas' en Vigo

dom06feb12:00'Olivia y las plumas' en VigoLa Machina Teatro (cantabria)12:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Olivia, a protagonista desta historia, vive nun pequeno pobo preto do bosque. Olivia ten un secreto e é que posúe un don especial: pode comunicarse cos animais. Grazas a este don, un día descobre que o lago se está secando e que os peixes necesitan chegar ao mar. Estes pídenlle que busque plumas para axudarlles.

Nese momento, Olivia comeza unha intensa procura para recoller decenas de plumas. Pídellas aos pardais, ás cegoñas viaxeiras, á temible aguia… Pasado un tempo, Olivia consegue moitísimas plumas, pero non sabe que facer con elas. Unha noite, mentres fita o ceo estrelado, o vento leva cada unha das súas plumas para dar vida a unha auténtica maxia: Olivia entenderá o porqué de tantas plumas, desencadeando nun final sorprendente.

Datas: 

  • Sábado 05 de febreiro ás 18:00 horas
  • Domingo 06 de febreiro ás 12:00 horas
  • Domingo 06 de febreiro ás 18:00 horas

Idade recomendada: + 4 anos

Duración: 45 minutos

Prezo: As entradas para este espectáculo teñen un prezo de 10,00 euros (entrada xeral) ou 8,00 euros (entrada anticipada) + gastos de xestión á venda en artikavigo.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!