abril, 2021

18abr12:3018:00'Onde viven os monstros'VIGOCULTURA | DOUS PASES: 12:30 E 18:00 H.12:30 - 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo, VigoEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

A compañía Os Náufragos presenta o espectáculo teatral para público familiar ‘Onde viven os monstros’, dentro do programa Vigocultura organizado polo Concello de Vigo.

Autoría: Maurice Sendak

Dirección, adaptación e deseño de iluminación: Gustavo del Río

Escenografía: Marisa de la Iglesia

Deseño de son e música: Fernando Jiménez

Vestiario: Juan Carlos Guerra

Elenco artístico: Jimmy Núñez e María Roja

O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.

Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.


  • Idioma: Galego
  • Público: Familiar | +4 anos
  • Duración: 43′
  • Prezo: 5,00 €. Entradas anticipadas á venda en woutick.es (de non esgotarse as entradas na venda anticipada, a billeteira do Auditorio abrirá unha hora antes de cada función)

Programa Vigocultura PDF

Hora

(Domingo) 12:30 - 18:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!