'Ópera Break's'

dom26set20:30dom23:50'Ópera Break's'Vella Escola e EmanArte20:30 - 23:50 Peirao de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

O espectáculo ‘Ópera Break’s’,  producido por Vella Escola e EmanArte, mestura Ópera, Breakdance e Dj nun único espectáculo de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara (EmanArte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola, Dj Mil e os bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock.

Dualidade… A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e sobre todo ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela direccionada aos mozos, libre de normas, transgresora, que se cultiva nos suburbios e que se desenvolven sin vínculo a nada.

Conta unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompe as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode ocorrer…

+

Hora

(Domingo) 20:30 - 23:50

Localización

Peirao de Arcade

Lugar Peirao, 16 36690 Arcade Soutomaior

Está pasando!