abril, 2021

17abr11:3013:05'Orella pendella'Programa Apego11:30 - 13:05 Xardíns do Doutor Marescot, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Dentro do programa Apego, Bea Campos de Migallas Teatro presenta o contacontos ‘Orella pendella’, para bebés de 0 a 3 anos.

Inscrición ata 15 familias. Esta actividade propón aprender e xogar cos ditos infantís de sempre e con cancións tradicionais acompañadas de música en directo, tomando como base orellapendella.gal

Sábado 17 de abril, nos xardíns do Doutor Marescot. Recoméndase levar unha mantiña ou esteira para sentar no chan.

  • Primeira sesión de 11.30 a 12.05 h.
  • Segunda sesión de 12.30 a 13.05 h.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Hora

(Sábado) 11:30 - 13:05

Localización

Xardíns do Doutor Marescot

Rúa Doutor Enrique Marescot, 36002 Pontevedra

Está pasando!