abril, 2021

25abr19:00Orquestra de Corda de LalínDirctora: Inara Vecbastika19:00 Salón Teatro, LalínEvento tipo:Música

Detalles do Evento

O Salón Teatro acolle o concerto da Orquestra de Corda de Lalín, dirixida nesta ocasión por Inara Vecbastika.

Inara Vecbastika

Nada en Riga (Letonia), comeza os seus estudos de violín á idade de cinco anos no seu país de orixe da man da súa nai Inara Vecbastika. Desde 1987 prosegue a súa formación na Escola Especial de Música de Emils Darzins, en Riga (Letonia), coa profesora Dace Berzaja, e despois na Coruña co profesor Rogelio Groba. Tamén participou en cursos de perfeccionamento de violín e música de cámara impartidos polos mestres Sylvie Gazeau e Giorgiu Fedorenko.

Realizou recitais desde os 10 anos en Letonia, Lituania, Francia, Suíza, Portugal e España, colaborando con pianistas como Lili Sarkistayan, Anxo González e Ileana Cortizo.

Participou en numerosos concursos obtendo diversos premios entre os cales destacan:

• Grand Prix no Balys Dvarionas II Internacional Competition of Young Pianists an Violinists en Vilnius (Lituania) e Diploma pola mellor interpretación da música Barroca.

• Primeiro Premio no Concurso Nacional de Letonia. • Primeiro Premio no Concurso Internacional de Letonia.

• Primeiro Premio no Concurso Internacional “Villa de Sahagún” en Sahagún (España).

• Terceiro Premio no II Concurso Internacional de Música de Cámara “ Guadamora” (modalidade Dúos/Tríos) en Pozoblanco (Córdoba).

Como docente desenvolveu unha importante actividade en diferentes centros entre os cales cabe sinalar o Centro Autorizado de Música Santa Cecilia en Madrid, Centro Profesional de Música Antonio Machado en Salamanca, e o Conservatorio Profesional da Estrada (Pontevedra). Durante os últimos anos impartiu varios cursos de violín, viola, música de cámara e orquestra en España.

Como integrante de varios grupos de música de cámara, desenvolve unha gran actividade en diversos festivais internacionais e concertos de música de cámara. En leste mesmo campo destaca a súa crecente actividade concertista como integrante do “ Trio Magri” xunto á pianista Ilona Timchenko e a violonchelista Barbara Switalska.

Fundadora da Asociación Compostela Sound desempeñando o cargo de presidenta.

Desde o ano 2017 é Vicepresidenta da Asociación Peregrinos Musicais.

É integrante da Real Filharmonía de Galicia desde o ano 2006. Actualmente reside en Galicia.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Salón Teatro

Praza do Mercado, 36430 San Xoán, Lalín

Está pasando!