'Os Camiños de Laxeiro'

sáb07mai(mai 7)11:00sáb28mai(mai 28)11:00'Os Camiños de Laxeiro'día das artes galegas11:00 - 11:00 (28) Provincia de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Os Camiños de Laxeiro’ é a nova proposta coa que a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega das Artes homenaxean ao creador lalinense, a quen este 2022 se dedica o Día das Artes Galegas e que consistirá en rutas guiadas por lugares vinculados á vida e a  traxectoria do autor.

Serán tres os itinerarios que se celebrarán en maio, o sábado 7 en Lalín, o 21 en Vigo e o día 28 en Pontevedra e estarán guiados polo historiador, arqueólogo e escritor Felipe-Senén López Gómez. As persoas interesadas nestes roteiros, que contan con 25 prazas cada un, poden apuntarse xa no enderezo electrónico roteiros.cultura@depo.gal.

As rutas, que comezarán ás 11:00 horas e terán un percorrido a pé de dúas horas e media, buscan contextualizar ao pintor nos espazos da súa inspiración, lugares de ida e volta para el.

Deste xeito, a primeira ruta leva por título O Deza de Laxeiro: “A Romea” e con saída desde o Museo Municipal Ramón María Aller introducirá ás persoas asistentes nos espazos da súa orixe, a casa, a familia, a veciñanza, a escola ou a espesura da fraga de Catasós.

O día 21 coñecerase O Vigo de Laxeiro, onde o artista tivo o seu obradoiro de creación máis concorrido na rúa Príncipe, frecuentaba as tabernas tradicionais e faladoiros dos cafés e haberá unha explicación da obra do autor exposta na Fundación Laxeiro.

Por último, a ruta por Pontevedra o sábado 28, titulada ‘A Boa Vila nos Camiños’, amosará ao público a Pontevedra intelectual, unha cidade moi querida polo artista e na que se visitarán os seus murais do Café Moderno e a súa obra no Museo de Pontevedra. Todos estes, espazos reinterpretados por Laxeiro cunha mitoloxía, xeito propio e certo misterio inconfundible.


Hora

7 (Sábado) 11:00 - 28 (Sábado) 11:00

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!